sexta-feira, 9 de janeiro de 2009

VISITOUNOS A NEVE


Hoxe o labor diario saíuse un pouco da normalidade, xa que a mañanciña empezou a nevar como xa facía tempo que non se vía facer, a claridade era tan grande, que, era obrigada a protección dos ollos, pero restaballe ao pracer de disfrutar de cousa tan bella, pasámolo moi ben facendo bonecos e tirando bolas a pesares do frio ou perigo de algunha caída todo saio ben.

terça-feira, 6 de janeiro de 2009

VOLTA AO COTIÁN


Quero, na medida do posible cumplir as miñas promesas de aninovo, unha delas de seguir escribindo no meu blog, asique como hai que voltar a rutina de cada día do ano para ganarnos o sustento cada día procuremos facelo da forma máis optimista posible pois aparte de sentirnos nós mellor sairannos mellor as nosa tarefas.

Os meus desexos para este ano son 1º saúde e despois moitas alegrias.