sexta-feira, 9 de janeiro de 2009

VISITOUNOS A NEVE


Hoxe o labor diario saíuse un pouco da normalidade, xa que a mañanciña empezou a nevar como xa facía tempo que non se vía facer, a claridade era tan grande, que, era obrigada a protección dos ollos, pero restaballe ao pracer de disfrutar de cousa tan bella, pasámolo moi ben facendo bonecos e tirando bolas a pesares do frio ou perigo de algunha caída todo saio ben.

terça-feira, 6 de janeiro de 2009

VOLTA AO COTIÁN


Quero, na medida do posible cumplir as miñas promesas de aninovo, unha delas de seguir escribindo no meu blog, asique como hai que voltar a rutina de cada día do ano para ganarnos o sustento cada día procuremos facelo da forma máis optimista posible pois aparte de sentirnos nós mellor sairannos mellor as nosa tarefas.

Os meus desexos para este ano son 1º saúde e despois moitas alegrias.

segunda-feira, 29 de dezembro de 2008


Estas vacacións estou lendo "El amante lesbiano" de José Luis Sampedro e decátome de canta represión pode haber nun ser humano, tanto que se pode convivir con varias personalidades á vez, triste debe ser facer da túa existencia un teatro diario ou vivir coa carátula posta encima de contínuo o malo é que en algún momento ten que caer. Teño que dicir que ao comezo no me gustaba nada pero agora estou na confesión que lle fai o pai ao fillo sobre a farsa da súa vida e está interesante

Estamos de volta



Como propósito de ano novo, tomo a decisión de retomar o blog

terça-feira, 3 de abril de 2007

Benvida a todos




Hola a todos e todas. Benvidos a este novo blog onde irei escribindo as miñas inquedanzas. Espero que vos guste.